Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Asuntos Sociais, está a desenvolver o programa formativo laboral IMEDRA dirixido á inserción dos colectivos en risco de exclusión social coa implicación de diferentes empresas da cidade. O departamento de Sofía Godoy, que xa viña traballado coas persoas perceptoras da renda RISGA neste sentido, amplía agora esta actuación para abranguer o resto dos programas sociais, aglutinando así o colectivo de inmigrantes, usuarios do albergue municipal, de minorías étnicas, da Unidade de Condutas Adictivas (UCA) e do CIMM, colectivos que ata o de agora estaban adscritos a itinerarios e derivados a outras institucións.

Fórmase aos usuarios de Asuntos Sociais en actividades formativo laborais orientadas ás necesidades reais das empresas participantes. Polo de agora, cóntanse entre elas Coren, MacDonalds, Carrefour ou o Grupo Cuevas, aínda que a idea é seguir buscando institucións privadas que se sumen ao programa.

Tres cursos

Desta forma, hai tres cursos en marcha: Técnicas de venda, Competencias clave e Atención socio sanitaria. Desde o mes de xaneiro, ademais, porase en marcha outro curso, o de Limpeza de superficies.

Outros programas inclusivos

Amais do IMEDRA, Asuntos Sociais traballa con outros dous programas inclusivos: acompañado da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), iniciou o programa de inserción socio-laboral ConBoRumbo. Un cento de persoas, das que 45 xa han recibiron formación específica adaptada ás necesidades de mercado, elaborando currículums máis efectivos e atractivos, análise de necesidades de formación, mediación con servizos xurídicos, xestión de axudas para vivenda, fillos, bolsas sociais ou iniciar iniciativas de auto emprego a través de cursos de manipulador de alimentos, auxiliar de cociña ou permiso de conducir. En xaneiro engadirase un curso de coaching.

Estas actuacións súmanse ao Un rural para todos, que coa colaboración de Sustinea pretende devolver parcelas de rural na cidade de Ourense a familias en risco de exclusión que poidan aproveitalas para o cultivo e venda. Todos estes cursos contan co apoio da Consellería de Política Social a través do Fondo Social Europeo para a destinar a persoas en risco de exclusión social.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.