Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O proxecto de Orzamentos 2017 contempla a duplicación da axuda do Concello ao sector do comercio local de Ourense. Aumenta en concreto un 51%, pasando de 89.439,73 euros a 183.000 euros para gasto corrente. É dicir: para gasto directo que redundará en axudas para o comercio local.

As accións para a promoción do comercio local e as de axuda a este sector veranse duplicadas (de 26.000 euros a 50.000 euros), reforzando así o apoio e o compromiso do Goberno Municipal cun sector clave do tecido económico da cidade

Os centros comerciais abertos de toda a cidade tamén verán cuadriplicada as aportacións municipais, segundo propón o Goberno Municipal no seu proxecto de orzamentos. Así, a cantidade orzamentada pasa dos 4.236,98 euros en 2014 aos 18.000 euros propostos deste proxecto orzamentario.

Tamén se contempla un convenio, que antes non existía de xeito nominativo nos orzamentos, coa Federación de Comercio, por un importe de 15.000 euros.

"O importante de todas estas partidas, sumadas á do alumeado de Nadal, é vitalizar e impulsar o Comercio Local da cidade, un sector clave no tecido empresarial de Ourense e un eixo fundamental do desenvolvemento do noso municipio como destino ideal de compras unido ao seu potencial cultural, gastronómico, termal e patrimonial", sinala a concelleira de Comercio, Flora Moure.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.