Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, trasladoulles aos representantes do sector hostaleiro da cidade o compromiso do goberno municipal cun sector que “é dos máis castigados polo coronavirus, xa que os seus ingresos pasaron de cen a cero e non saben cando poderán volver a recuperar a actividade e en que condicións”. Fíxoo nunha reunión mantida no salón de plenos con Javier Outomuro, en representación da Unión de Hosteleros de Ourense (UHO), e con Miguel González, de Cociña Ourense.

Os representantes destes dous colectivos trasladáronlle ao alcalde unha serie de peticións, relacionadas co ámbito municipal, moitas das que estaban planificadas polo goberno ourensán, caso do calendario fiscal, o pago do IBI, o de ocupación da vía pública para a colocación de terrazas, así como ás relativas ao abastecemento de auga, rede de sumidoiros e verteduras de augas residuais.

Outra das cuestións que puxeron sobre a mesa os hostaleiros é a eliminación do canon de concesións administrativas na parte proporcional ao período de peche e axustes en fase de apertura. Igualmente, o “atraso” na aplicación da nova normativa de veladores que pretende presentar e aprobar o goberno.

O rexedor, pola súa banda, asegura que o horizonte das accións, que serán presentadas en breve, estaría no outono ou en Nadal. Porén, adiantou que entre elas estarán a posta en marcha dun marketplace para axudar á venda en liña dos produtos de hostalaría, as axudas aos autónomos ou a redución de determinados impostos que afectan directamente ao gremio.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.