O Concello de Ourense desenvolve no mes de agosto a campaña 'Móllate co Comercio', unha iniciativa que pretende axudar a dinamizar o pequeno comercio da cidade e darlle un incentivo aos cativos no verán. Así, todos os martes e xoves haberá inchables e xogos acuáticos repartidos por todos os barrios.
Esta campaña susténtase sobre tres realidades, en palabras da concelleira de Comercio, María del Mar F. Dibuja: “O pequeno comercio precisa da nosa axuda, os nenos foron os máis afectados durante a pandemia, e vivimos nunha cidade moi calorosa”. Busca a súa Concellería implicar a pais, nais e cativos: que saian xuntos a comprar, e que o fagan no pequeno comercio da cidade.
DATAS
- Martes 4 - Parque do Barbaña
- Xoves 6 - Xardín do Posío
- Xoves 13 - A Farixa
- Martes 18 - Santa Teresita
- Mércores, 19 - A Ponte (NOVA DATA)
- Xoves 20 - Campus universitario das Lagoas
- Martes 25 – Barrocás (Rúa de Cesáreo González)
- Mércores, 26 - Parque de Santa Teresita (NOVA DATA)
- Xoves 27 – Pavillón dos Remedios
Acceso gratuíto. Horario, de 18.00 a 21.00 horas
Carlos López, da empresa Saudeter -encargada de levar a cabo as actividades-, asegura que se tomarán todas as medidas de seguridade para crear contornas seguras: os grupos serán de 15 rapaces máximo, e ademais das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, engadiranse outras, alternativas, para garantir a seguridade de todos os participantes”.
Os menores de 14 anos, en calquera caso, deberán ir acompañados dun adulto.
Máis información sobre a actividade e medidas de seguridade [AQUÍ]