Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O venres pasado, as 18.00 horas, foi o acto de acendido do alumeado de Nadal, no que Ourense inaugurará, da man do seu alcalde Gonzalo Pérez Jácome, o proxecto “máis ambicioso da súa historia”, que chegará a tódolos barrios da cidade. Tratouse dun acto austero, sen convocatoria da cidadanía, para evitar aglomeracións e facilitar así o respecto das medidas sanitarias vixentes.

Para o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “imos proceder a un alumeado das luces de Nadal que serán tremendamente especiais” primeiro, porque se produce este acendido no medio da pandemia da COVID-19, e “ante esta nova situación na que estamos vai ser unha especie de oasis, de ilusión, que agardemos que nos alede a todos” o Nadal.

O rexedor recalca que serán “as luces máis bonitas da historia de Ourense e as máis extensivas. Xa o ano pasado chegamos a moitos barrios, este chegaremos a moitos máis” e o obxectivo seguirá sendo “chegar cada vez a máis rúas e cada vez mellor”. Este é un feito que, para Gonzalo Jácome, “non ten marcha atrás: Ourense, por Nadal, vaise por moi bonita”.

O acendido inicial producirase no casco vello, centro da cidade e algunhas rúas dos barrios. Xa logo, a medida que os traballos pendentes se vaian rematando, en cada rúa, praza, parque ou rotonda iranse incorporando progresivamente.

Para rematar no menor tempo posible a empresa Ximénez desprazou 18 unidades de instalación (no prego de contratación estaban previstas 5) e prevén ter rematado o alumeado entre os días 18 e 20 deste mes.

En datos, o proxecto de alumeado de Nadal contempla un total de 2.159.343 puntos de luz, distribuídas en arcos, adornos de farois, árbores así como elementos tridimensionais (figuras de chan con motivos de Nadal). Colocaranse un total de 392 arcos nas rúas, distribuídas por diferentes puntos da cidade, e 328 farois contarán con adornos e decoraranse 582 arbores.

Entre rúas, parques, prazas e glorietas a decoración de Nadal neste 2020 chegará a 159 emprazamentos diferentes.

Foron necesarios 11 tráilers para desprazar todo o material necesario a Ourense e completar la instalación. Logo, ese material foi redistribuído por distintos equipos coas súas furgonetas-grúa e camións lixeiros ás rúas e prazas da cidade para a súa instalación.

Tamén se desprazou a Ourense un equipo especialista na montaxe de grandes estruturas que foi o responsable da montaxe da árbore de praza maior. A árbore, con forma de cono xigante, está situada no medio da praza, e desprende dende o seu vértice, a modo de conteira, fíos de luz que simulan as variñas dun paraugas. A árbore ten unha base de 7 metros de ancho e 18,80 metros de altura e conta con 50.832 luces led.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.