Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Pleno do Concello de Ourense do mes de febreiro celebrarase o venres, día 12, en formato telemático. Asi se acordou na comisión de pleno celebrada esta mañá, presidida polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na que participaron todos os grupos políticos con representación municipal. A decisión adóptase á vista das novas restricións e recomendacións sanitarias, recollidas na orde da Consellería de Sanidade do 26 de xaneiro de 2021, que establece un máximo de 30 persoas para reunións de traballo e actos institucionais en espazos pechados.

O pleno incluirá na súa orde do día a aprobación inicial da suspensión da aplicación da taxa de veladores durante os anos 2020, 2021 e 2022, logo de que os grupos municipais renunciaran a presentar emendas ao proxecto que aprobou a xunta de goberno local do Concello na súa sesión do día 14 de xaneiro. En consecuencia, a exención da taxa aos establecementos de hostalaría da cidade poderase aprobar inicialmente no pleno do día 12. Posteriormente exporase ao público e abrirase un prazo de alegacións, previo á aprobación definitiva.

O acordo pretende ser unha medida de apoio ao sector da hostalaría da cidade, fortemente afectado polas consecuencias económicas da pandemia da COVID-19. Tamén suporá a devolución da taxa de 2020 a aqueles locais que xa a aboasen.

O padrón fiscal da taxa de veladores do Concello de Ourense ascendeu en 2020 a 113.969,96 euros, cun total de 342 recibos. O importe deste ano foi inferior ao de anos anteriores porque na súa elaboración xa se tivera en conta o peche destes establecementos durante o estado de alarma. O padrón do ano anterior, 2019 ascendera a 139.837,36 euros, cun total de 351 recibos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.