Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Youtubeir@s ten a vontade de incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes sociais máis empregadas no mundo -máis de 1.000 millóns de usuarios empregan esta ferramenta, un de cada tres usuarios da internet- e tamén quere incitar e facilitar que tódalas persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos.

A presentación estivo presidida por Belén Iglesias, concelleira de Cultura do Concello de Ourense, e José María Faílde, director de Planificación do Campus de Ourense, acompañados dos técnicos de normalización lingüística de ambas entidades, Mónica Fernández Valencia e Paulo Cabral. Ao concurso poderán presentarse todas as persoas maiores de 14 anos a través dunha inscrición en liña ata o 28 de abril, segundo se recolle nas bases dispoñibles na súa web.

Categorías

Os vídeos deben ter unha duración máxima de 5 minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube. Os e as participantes poderán concorrer a dúas categorías: Video-facermos, para videotitoriais que amosen como facer cousas (desde unha receita ata a como instalar un programa informático); e Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera tema (valoración dun filme, opinión sobre un tema de actualidade...).

Cada unha destas categorías vai ser premiada cunha contía de mil euros e tamén se asignarán catro mencións honoríficas de cincocentos euros segundo os criterios de valoración que terá en conta o xurado, composto por profesionais da comunicación audiovisual.

Formación

Youtubeir@s tamén ofrece formación específica de videocreación para compartirmos os saberes todos e aprendermos a comunicar coa linguaxe audiovisual. Saca o youtubeir@ que levas dentro!

  1. No Salón de Graos do edificio de Facultades os días 7 de febreiro de 19.00 a 20.00 horas e o 14 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas.
  2. No Centro de Coñecemento La Molinera os días 10 de febreiro de 18.00 a 19.00horas e o 17 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas.

En que consiste o curso?

Cada participante ten o reto de crear un vídeo para calquera das dúas categorías de Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede: vídeo-facermos ou unha vídeo-opinarmos en galego durante o obradoiro.

Na primeira sesión formativa, dunha hora de duración, vemos os consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos nosos dispositivos móbiles e aprendemos a mellor forma de transmitir os nosos coñecementos (guión). Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editamos o material e aprenderemos a subilo a YouTube. Entre ambos os dous encontros formativos ofrecemos asistencia en liña para calquera dúbida que poda xurdir ata antes da segunda sesión formativa.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.