Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A programación do Auditorio de Ourense ten esta semana un marcado acento inglés: Romeo y Julieta de bolsillo, unha revisión en clave de humor sobre a obra do dramaturgo William Shakespeare; e o espectáculo Doctor Queen, tributo á banda liderada por Freddie Mercury. Son os pratos fortes dunha semana que se pechará coa xa clásica cita do domingo ás 12:00 horas con Móbil, unha proposta de novo circo para os máis cativos.

 

  • Romeo y Julieta de bolsillo- Emilia Yagüe Producciones. Xoves 9 de marzo.

20:30 horas. Sala Principal. 60 minutos. +12 anos. Entradas: 5 euros en venta anticipada en www.ataquilla.com; , 6 euros na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Os actores Julia Gárriz e Emiliano Dionisi dan vida a dous catedráticos que nos brindan unha clase maxistral sobre William Shakespeare, ou iso tentan. Detalles sobre a vida e obra do escritor inglés son tema de discusión, e cando de detalles se trata, ninguén mellor ca eles. Cantas comas utilizou Shakespeare nas súas obras? Cantos puntos? Cantas veces mencionan as orellas? Cantas veces as súas personaxes falan de amor? Estes estudosos parecen non deixar recuncho sen analizar. Romeo e Xulieta, remata ben ou remata mal? Esta sinxela pregunta imponlles aos nosos protagonistas o seu maior desafío; representar a obra completa, con todos os seus personaxes no que dura unha clase. Tomando o que atopan a man a modo de complementos e vestiario, as dúas ratas de biblioteca interpretarán once encantadores personaxes nun Shakespeare próximo, poético e, sobre todo, divertido.

  • Doctor QUEEN- TOUR 2017- Tertulia Producións. Venres 10 de marzo.

22:00 horas. Sala Principal. 120 minutos. Todos os públicos. Entradas: 18 e 20 € anticipada en www.ataquilla.com, 20 e 25€ na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

O espectáculo de homenaxe a Freddie Mercury máis recoñecido no mundo volve cunha proposta única e innovadora... Sinfonías de QUEEN en castelán. Co formato tradicional e unha posta en escena de primeira categoría: un espectáculo nunca visto nin oído nun tributo. Vestimentas típicas, grandes cancións adaptadas á actualidade, revivindo a Freddie Mercury logo de 25 anos de ausencia.

Doctor QUEEN leva máis de 17 anos xirando, con 800 espectáculos ao vivo ao longo de 22 países. Toda a info, tributoaqueen.com

  • Móbil. La Güasa Circo teatro. Domingo 12.

12:00 horas. Sala Principal. 50 minutos. +5 anos. Entradas: 3 euros anticipada en www.ataquilla.com, 4 euros na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Unha proposta que mestura fraxilidade, desequilibrio e tensión. A historia dun home sinxelo que vén amosar e compartir o seu último gran enxeño: Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados, chea de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena. Con José Luís Ruiz (el Belga), Rafael Díaz Ramírez

Levou os seguintes recoñecementos: Premio FETÉN á mellor dirección; Premio ACA ao mellor espectáculo individual; Premio ACA á mellor escenografía.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.