Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Auditorio vén de presentar o menú para os meses de marzo e abril, no que destacan como ingredientes principais o teatro e a música, sazonados con grandes doses de humor.

“Esta programación dá boa conta da saúde da Cultura e desta Concellería en Ourense”, afirmaba Belén Iglesias na presentación, “e converte o Auditorio no polo cultural de referencia na nosa contorna, pois a xente tamén vén atraida pola nosa oferta cultural”. Os primeiros espectáculos, desde hoxe con Romeo y Julieta de bolsillo, mañá con Dorctor QUEEN e a fin de semana co Móbil, novo circo a cargo de La Güasa.

“Que haxa moi poucos días de descanso na programación fala da oferta diversa e para todos os públicos”, comentaba Manuel Freire, programador do Auditorio, ao presentar a oferta do espazo cultural.

“En teatro temos Solitudes, unha obra muda pero que esperta grandes emocións, a representación de Foucellas, de Talía Teatro, o humor de Amigos ata a morte, con Touriñán, David Amor e Ledicia Sola, o clown de Ticket ou a programación da MITEU”, relataba.

Tamén haberá musicais, coma o de The Hole, cabaret explosivo, ou concertos coma os de Magín Blanco ou Mamá Cabra.

A programación xeral complétase coa infantil, na que a maiores da cita dos domingos ás 12:00 horas están as representacións para bebés, tratando de estimular a imaxinación dos máis cativos (monicreques, música, contacontos...).

Unha programación, en definitiva, variada, para público de todas as idades e que coloca o Auditorio coma un dos espazos máis activos na vida cultural da cidade e Ourense.

Máis información

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.