As súas pinturas, afirma a artista, son fiestras abertas a unha arquitectura urbana, con ápices futuristas e paisaxes estáticas, silandeiras. “Son perspectivas arriscadas, inspiradas en cómics, empastando con espátula, un elemento cortante e brusco que me axuda a desatar a miña imaxinación”, di a chantadina afincada en Ourense “Trato de amosar arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada e chea de incerteza”, di.
A exposición foi presentada no vestíbulo do Auditorio de Ourense coa presenza da artista acompañada da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e da directora de Espazos Expositivos do concello de Ourense, Eva Torres. Poderase ver até o 9 de abril no horario de apertura do propio espazo.
Catálogo da mostra (pdf)