Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta semana, por terceiro ano consecutivo, catro espectáculos do Festival Xuvenil de Teatro Grecolatino. As obras “Medea” e “Hécuba” de Eurípides e “Pseudolus” de Plauto, esta en 2 ocasións, serán representadas ante 2.740 alumnos e alumnas de centros educativos galegos. Ourense será así punto de encontro co teatro para alumnos e alumnas de Ames, O Carballiño, Nigrán, Rois, Maceda, Padrón, Vigo, Ponteareas, Ribadavia, A Estrada, Viana, Pontevedra, Monforte, A Gudiña, entre outras (máis de vinte) localidades, ademais da propia cidade que se desprazarán a Ourense para asistir ás representacións.

 

Esta actividade está enmarcada no Festival de teatro Grecolatino que desde hai 17 anos se desenvolve nas principais cidades de España con orixe romana (Mérida, Itálica, Sagunto...). O certame está organizado en Galicia pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, un dos movementos culturais xuvenís que máis alumnado move en España (uns 70.000 cada año).

A Concellería de Educación do Concello de Ourense colabora co certame e organiza desde 2015 representacións na nosa cidade, aos que acoden mozos e mozas de toda Galicia, cun gran éxito de asistencia. De feito, no ano 2016 Ourense foi a cidade galega con maior participación.

Representacións

Esta semana, o Auditorio ourensán acollerá catro representacións;

  • Día 15 de marzo: (mércores)
    • 12:00 Medea de Eurípides , Grupo El Ruiseñor, A Coruña.
    • 17:00 Pseudolus de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña
  • Día 16 de marzo: (xoves)
    • 12:00 Hécuba de Eurípides, grupo Noite Bohemia, A Coruña
    • 17:00 Pseudolus de Plauto, grupo Noite Bohemia, A Coruña

Asistirán como público un total de 2740 alumnos e alumnas de distintos centros de ensino das catro provincias galegas, que aproveitarán a viaxe para coñecer a nosa cidade. Unha cifra que superará tamén este ano ás outras 2 cidades galegas na que se celebra este festival.

Asociación de festivais de teatro grecolatino

A organización corre a cargo de PRÓSOPON, asociación de Festivais de Teatro Grecolatino que ten como obxectivo achegar, a través do teatro, o pensamento, a lingua e a cultura de Grecia e Roma aos máis xoves.

Para sacarlle o maior rendemento pedagóxico a esta experiencia, edita cada ano os títulos das obras representadas nos festivais, traducidas por profesorado de clásicas e acompañadas por unha unidade didáctica, para ser enviadas con antelación a cada un dos alumnos e das alumnas que se inscribiron.

O festival neste ano 2017 desenvólvese en Almedinilla, Baelo-Claudia, Balears, Carranque-Tarancón-Segóbriga, Catalunya, Clunia, Euskadi, Itálica, Lugo-Ourense-A Coruña, Málaga, Mérida, Sagunto e Zaragoza-Huesca,

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.