Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A rúa do Paseo será unha romaría este domingo coa tradicional celebración dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico. As actividades, presentadas  en rolda de prensa no Auditorio coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e da técnica da Concellería, María Díaz, inclúen todos os elementos dunha romaría: maios, coplas, actuacións de grupos de gaitas e actividades para os máis pequenos. “En plena efervescencia da primavera, en Ourense agroma unha das súas festas máis singulares, unha das súas manifestacións etnográficas máis arraigadas”, dixo o rexedor.

A romaría regresa este ano á rúa do Paseo, xa que “a Alameda está próxima a ser ocupada para o traslado dos praceiros, esta semana esta prevista a sinatura da acta de replanteo para dar comezo á obra da instalación provisional”, aclarou Vázquez Abad.

O programa para este domingo é como segue:

  • 11.00  Colocación dos Maios
  • 11.30 Animación de rúa cos Gaiteiros da Escola de música tradicional “De pé feito” e
  • cabezudos
  • 11.30-14.00 Xogos populares e obradoiros de enredos naturais
  • 12.00 Paseo do xurado polos maios e canto de coplas
  • 16.30 Animación de rúa cos gaiteiros “Os Daniñas”
  • 18.30 Entrega de premios e canto de coplas gañadoras
  • 19.00 Actuación musical Orquestra Os Modernos

Durante todo o día, unha persoa elaborará un maio para os asistentes.

A xornada festiva coincidirá, lembrou o alcalde en rolda de prensa, con outras actividades coma a ICCWeek, o Concurso de Pinchos Sabores de Ourense, a Feira de Artesanía, a Shopping Night e as celebracións do Día das Letras Galegas, entre outras, que fan da nosa cidade “un polo de atracción turística”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.