Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O venres 26 de maio ás 20.00 horas terá lugar no Teatro Principal de Ourense a Entrega de Premios de Youtubeir@s - Concurso de vídeos na Rede. O acto será presentado pola actriz e cómica Iria Pinheiro, contará co monólogo “E non te esquezas da miniatura!” a cargo de Iñaki Quenerapú e coa mestura en directo de tódolos vídeos participantes nesta edición da man da vídeo-DJ Marta Verde.

Neste momento xa se poden ver na canle de Youtube de Youtubeir@s os vídeos finalistas das dúas categorías: vídeo-facermos e vídeo-opinarmos.

No acto coñeceranse os nomes das persoas gañadoras que recibirán un trofeo e un premio de 1.000€.

Entre os vídeos que optan a este galardón unhas mulleres de San Sadurniño explican como plantar cacahuetes e opinan sobre a praga que está afectando ás patacas, unha moza de Ribeira explica como facer un guiso Anti-San Valentín, un rapaz de Santiago de Compostela mostra como facer un vídeo e unha rapaza de Ourense reflexiona sobre o galego mentres que dende Vimianzo, outra youtubeira debate sobre o seu corpo. Entre os máis de 200 vídeos participantes premiaranse os que destaquen polo seu enxeño e creatividade, pola súa eficiencia comunicativa, pola súa calidade técnica e a súa calidade lingüística. Coñeceranse ás persoas gañadoras con 500€ destas catro mencións honoríficas na Entrega de Premios.

A asistencia é aberta e de balde. Pódense recoller as entradas a partir das 18.00 horas deste venres na billeteira do Teatro Principal. Youtubeir@s é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Toda a información sobre o Concurso en www.youtubeiras.gal

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.