Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Festival Piano Meeting 2017 presentou  aos 10 finalistas escollidos polo público na segunda fase de Concurso a través das súas redes sociais: Facebook e Twitter. A segunda fase de Concurso do Festival contou con 25 semifinalistas seleccionados polo xurado, que competiron polo voto do público para converterse nos 10 finalistas que completan a listaxe de 20 pianistas que tocarán no Festival con gastos de viaxe e aloxamento pagos.

O prazo para realizar as votacións online comezou o pasado 23 de xuño e rematou o 13 de xullo ás 23:59. Onte día 14, e tralo reconto de votos, anúncianse as 10 persoas gañadoras desta fase, da máis á menos votada polo público, que son: Climacus Ensemble (469 votos), Marta Aranda (458 votos), Salomé Garrido (427 votos), Ana María Senn (412), Ana Paula Domínguez (394), María Vázquez (386), Michelle Pena (377), Iria San Marcial (372), Miguel Guillermo Sáez (366) e Álvaro Sieira (346). Únense así á listaxe de 10 finalistas seleccionados polo xurado: Juan Daunesse, Elena Frutos, ASR Jazz Trío, Dúo Gamma, Darío Meta, Andrés Navarro, Carlos Gil, Estefanía Cereijo, Jacobo Ramos e Trío Quijote.

Os 20 finalistas mencionados tocarán no Festival Piano Meeting 2017 que se celebrará a finais do mes de setembro na cidade de Ourense. Cada un deles disporá de media hora para realizar a súa interpretación nun dos 4 pianos que se situarán ao aire libre nas rúas e prazas máis emblemáticas da cidade das Burgas.

A calidade artística e técnica dos finalistas é un dos grandes atractivos do Festival que, ademais das súas actuacións, contará na programación con obradoiros para neófitos, horarios de libre disposición dos pianos instalados na cidade para pianistas amateurs e/ou profesionais, e un magnífico concerto final na Praza Maior de Ourense que contará con grandes pianistas convidados.

A data final de celebración do Festival, dirixido polo pianista Javier Otero Neira, está suxeita ás condicións meteorolóxicas que permitan a instalación dos pianos ao aire libre xa que o obxectivo último é achegar a música e a cultura á rúa.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.