Estas catro pezas únense ás dúas que desde hai varias semanas presiden a entrada principal á Casa Consistorial, logo da cesión en comodato da familia do artista.
Cabe lembrar que o Montealegre é un espazo particularmente especial para A. Faílde, toda vez que alí tivo unha canteira na que concentrou moita da súa producción artística.
O alcalde, Jesús Vázquez, quixo agradecer de novo ao fillo do artista, Miguel Ángel Faílde, “o seu xesto de infinita xenerosidade ao poñer a disposición da cidadanía de Ourense unhas pezas que contribúen a poñer en valor e a visibilizar a figura e o legado artístico do seu pai, A. Faílde”.