Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Auditorio Municipal presentou a súa proposta expositiva para os meses de setembro e outubro. Son 'Os paraísos perdidos', da artista Aurora Gómez, unha compilación de 22 lenzos que destacan pola súa delicadeza cromática e que presentan escenas cheas de lirismo froito da súa imaxinación máis creativa. A concelleira de Cultura animou a todos os ourensáns a pasear polo Auditorio para mergullarse de cheo no universo da artista.

“A sensibilidade e o sentir da arte aparecen en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes”, sinalaba Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense.

Dende a súa delicadeza cromática achégase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, amosándonos escenas a medio camiño entre o expresionismo pictórico e un naïf comprometido. A frescura e o lirismo dos lenzos de Aurora remítennos á Francia de finais do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau, unha forma de presentarlle ao público a súa realidade máis subxectiva a través da natureza e das composicións pictóricas.

A mostra poderá visitarse no Auditorio Municipal de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.