Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Escola Municipal de Música e Teatro de Ourense, dependente da Concellería de Educación, acolle un ano máis no seu salón de actos o programa didáctico de danza contemporánea 'En Escena', moi demandado polos centros de ensino da cidade.

Terá lugar os días martes 7, mércores 8 e xoves 9 de novembro ás 11:00 horas coa participarán de 340 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Educación Primaria de 9 centros: CEIP O Couto, CEIP Virxe de Covadonga, CEIP Seixalbo, CEIP Vistahermosa, CEIP As Mercedes, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Luis Vives e CPR Padre Feijóo.

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, considera que “todas actividades que impliquen movemento, ritmo, música e expresión corporal son realmente necesarias para conseguir que os nenos e nenas descubran por si mesmos a súas capacidades artísticas e interpretativas”.

'En escena', cunha duración de 75 minutos, comeza cunha breve presentación dos principios básicos da danza seguida dunha explicación práctica de como funciona un espectáculo de artes escénicas. Posteriormente actuarán senllos dúos de danza contemporánea interpretados polos membros da compañía SóLODOS e, finalmente, levarase a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas serán os principais protagonistas: “todos os asistentes terán a oportunidade de subir ao escenario e facer unha pequena coreografía acompañada dunha música e dunha iluminación axeitada”, adianta a responsable da área de Educación.

Os obxectivos que persegue a Concellería con este programa son os de dar a coñecer a disciplina artística da danza e animar os alumnos e alumnas a practicala, xa que é un exercicio moi completo e saudable. O profesorado ten á súa disposición unha unidade didáctica elaborada pola Concellería de para preparar a actividade previamente na aula.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.