Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O sete de novembro foi presentado o Ciclo de Lírica, un dos produtos culturais máis singulares e especiais que pon en marcha o Concello de Ourense co inestimable apoio da Deputación e de Abanca.“Dúas institucións, pública e privada, que se significan polo seu constante apoio e sensibilidade coa Cultura en maiúsculas dentro de Ourense”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez. Neste eido, tamén explicou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, que “a cooperación entre administracións promove accións tan importantes como a que estamos hoxe a presentar con figuras de máximo nivel en ópera e zarzuela”.

O Ciclo de Lírica é unha aposta pola música de calidade. Por situar a Ourense como capital da ópera e zarzuela coas figuras máis importantes da lírica española. Un certame de altísimo nivel con calidade asegurada, xa que conta con figuras de recoñecido prestixio internacional que interpretarán no inmellorable escenario do Teatro Principal auténticas xoias da música. Así o sinalou Roberto Relova, asesor musical do certame, quen matizou que “para alguén que viu a Cristina Gallardo Domas no Metropolitan de New York ou na Scala de Milán, saber que a ten en Ourense é un soño”.

Así, abrirá o Ciclo de Lírica o 24 deste mes a gran diva da ópera Cristina Gallardo Domas. A soprano chilena, gran figura internacional, estará acompañada por Juan Durán ao piano, posiblemente o mellor compositor galego que existe na actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na nosa cidade.

O 1 de decembro, a mezzosoprano Sandra Ferrández e o barítono Javier Fernández darán un concerto con Rubén Fernández Aguirre ao piano. E unha semana despois, o 8 de decembro, o concerto de clausura correrá a cargo da soprano vallisoletana María Rodríguez e da pianista Margarita Viso Soto.

Todos os concertos serán ás 20:30 horas no Teatro Principal e o prezo das entradas estará entre os 5 e os 8 euros.

“Recuperamos así para Ourense un ciclo que ven a cubrir a escasa presencia de espectáculos líricos e con intérpretes recoñecidos en toda España. Ourense, como a Atenas Galega que é, convértese no escenario ideal para unha expresión artística que non deixará indiferente a ninguén. E, por suposto, atraer a atención de todos os públicos é un dos nosos obxectivos. Porque achegar a Cultura a todos é un xeito de facer cidade”, explicou o alcalde, Jesús Vázquez.

“Non me cabe a menor dúbida de que o esixente público ourensán agradecerá esta iniciativa pioneira que contribuirá, ademáis, a dinamizar a cultura da nosa cidade e a abrir novas portas e posibilidades para o público que ama a música en directo, a música de calidade. E sempre desde o incomparable escenario do Teatro Principal, perfecto para un espectáculo destas características”, finalizou o rexedor ourensán.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.