Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O tradicional mercado de antigüidades, que se celebra o primeiro domingo de cada mes, celebra este domingo día 17 de decembro unha nova cita extraordinaria no marco da programación do Nadal. Así, o mercado celebrarase en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas con presenza de 32 comerciantes autorizados que ofertarán os seus produtos ao público.

Para amenizar o evento, a agrupación folclórica Queixumes dos Pinos realizará senllas actuacións: a primeira, ás 12:30 horas; a segunda, pola tarde, ás 18:30 horas. Trátase de dinamizar a vida social da cidade nun dos espazos con máis vida: a Praza Maior. É só unha das máis de 250 actividades previstas dentro da campaña de Nadal do Concello de Ourense.

Ademais do mercado, as actividades previstas para o domingo son:

  • Música: Priscila Versións para o Nadal, no barrio de San Francisco ás 13:00 horas; concerto de Emilio Rúa na igrexa de Fátima ás 20:00 horas; e só media hora despois, na igrexa de Santa Eufemia, a XXIII edición do Certame de Vilancicos e Panxoliñas ás 20:30 horas.
  • Programación Infantil: ás 11:00 horas, taller de reciclaxe: Crea os Teus Adornos e Xoguetes no Botánico de Montealegre; e, desde as 19:00 horas no Auditorio, o espectáculo Voos, de Aracaladanza.
  • Deportes: A piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios acollerá, de 10:00 a 14:00 horas, o Festival Nadal Acuático de Natación sincronizada.
  • Todos os públicos: O BOX dos desexos estará, de 10:00 a 20:30 horas, na rúa Vicente Risco do barrio da Ponte.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.