Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Enclave de Cámara mantén a súa aposta por unha oferta permanente e de calidade de música clásica en Ourense e inicia o 2018 coa actuación o xoves 11 de xaneiro no Teatro Principal do quinteto de vento formado polos frauta, óboe, clarinete, fagot e trompa principais da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O grupo, formado en 2001 por catro músicos americanos e un valenciano con traxectorias internacionais recoñecidas, combina á perfección a mentalidade europea e americana coa fin de producir música con estrutura, personalidade, profundidade e expresividade.

O Quinteto intégrano Claudia Walker, frautista principal da OSG desde 1992 ademais de reforzo convidada durante anos da Filharmónica de Nova York; Casey Hill, óboe principal quen traballou con prestixiosos directores como Zdenek Macal, Hugo Wolf, Edo de Waart ou Michael Tilson Thomas; Juan Antonio Ferrer Cerveró, clarinetista incorporado á OSG en 1995 e membro dos grupos de cámara Trío Untia, Siglo XX e Paganini Ensemble; Steve Harris Wangler, fagot solista formado con Stephen Maxym en Juilliard School e máis tarde con Bernard Garfield en Temple University e David Bushnell, actual solista de trompa da OSG e anteriormente da New World Symphony Orchestra, The Florida Orchestra e outras.

Variado será tamén o repertorio que teñen preparado: comezarán cun divertimento composto por Mozart precisamente cando os instrumentos de vento adquiren unha maior importancia na música orquestral ao adaptárense ás necesidades dos compositores para sumalos á corda e continuarán, mantendo a orde cronolóxica, con obras de Reicha, Rossini e Carl August Nielsen.

PROGRAMA DO CONCERTO

I Parte

  • Wolfang Amadeus Mozart (1756-1791) | Divertimento en Si bemol Maior K.240 (11')
  • I Allegro | II Menuetto | III Poco Andante-Gracioso | IV Finale - Allegretto
  • Anton Reicha (1770-1836) | Quinteto nº 2 en Mi bemol maior Op. 88 (15')
  • I Lento. Allegro moderato | II Menuetto: Allegro | III Poco Andante – Grazioso | IV Finale: Allegretto
  • Gioachino Rossini (1792-1868) | O barbeiro de Sevilla (arranxo Lanckelman) (7')
  • Obertura

II Parte

  • Carl August Nielsen (1865-1931) | Quinteto de Vento en La maior Op. 43 (25')
  • I Allegro ben moderato | II Menuet | III Praeludium. Adagio – Tema con variazioni

MÁIS INFORMACIÓN

Máis información con todas as novidades do ciclo en www.enclavedecamara.com, facebook e twitter.

Entradas online á venda en www.ataquilla.com e na billeteira do teatro dende dúas horas antes do concerto.

O Enclave de Cámara está organizado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Teatro Principal e da Corporación Radio e Televisión de Galicia.

Teatro Principal Ourense | xoves 11 xaneiro 2018 | 20:30 h | Entradas entre 5 e 8 €

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.