Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O festival internacional de música de Ourense, Pórtico do Paraíso, presentou no salón de plenos á súa décimo primeira edición. “Logo dunha década facéndonos soñar con propostas musicais de excelente nivel en auditorios inimaxinables, segue o seu camiño sen perder a capacidade de sorprendernos”, anunciaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación. Celebrarase do 2 ao 11 de marzo e, entre as novidades máis importantes, cómpre salientar a incorporación das igrexa de Santo Domingo, en Ourense, e de Santa María de Gracia, en Monterrei, e da Colexiata de Xunqueira de Ambía. Teatro Principal, Liceo, Museo Arqueolóxico e Catedral completan a nómina dos lugares escollidos para esta edición.

En canto aos nomes propios, o gaiteiro Carlos Núñez ofrecerá o concerto inaugural na Catedral de Ourense cos mesmos instrumentos representados na pedra policromada do século XIII, que cobran vida no lugar mesmo no que foron tallados grazas ao bo labor do taller dirixido por Manuel Brañas, da Deputación de Ourense. Para asistir ao concerto haberá qu8e retirar as invitacións na Oficina de Turismo de Ourense o propio venres, día 2.

Elenco internacional

Tamén estarán os suízos Arianna Savall e Petter U. Johansen (voz, harpa, hardingfele e cistro); o Vida Guitar Quartet, do Reino Unido; Wolodymyr Smishkewych (voz e organistrum), desde os EUA até o Museo Arqueolóxico; o italiano Marco Beasley (guitarra barroca e laúde); ou o sexteto vocal esloveno Ingenium Ensemble.

“Cada concerto é singular e irrepetible, polo que destacar un faise especialmente difícil. Porén, a clausura no Teatro Principal promete ser un evento único coa actuación de Antonio Serrano, harmónica do mestre Paco de Lucía, fusionando os ritmos flamencos co jazz de Albert Sanz ao piano”, confesaba rexedor na rolda de prensa.

Na presentación tamén estiveron presentes a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, quen se felicitou pola “equidade cultural” deste festival que adquire dimensión provincial, o director artístico do Pórtico do Paraíso, Juan Enrique Miguéns, que quixo salientar a efeméride do propio Pórtico do Paraíso da Catedral -“cúmprense 800 anos”, dixo-; así coma o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; e o concelleiro de Cultura de Xunqueira de Ambía, Rubén Seara.

Formación

O Pórtico do Paraíso continúa co seu firme propósito de combina o pracer de escoitar co de aprender grazas ao seu labor divulgativo e formador de vocacións. Así, haberá un curso de guitarra con Mark Ashford e un encontro con Wolodymyr Smishkewych no Conservatorio de Música de Ourense

Máis información

Páxina web de Pórtico do Paraíso 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.