Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudiu esta mañá á gala de entrega de premios da novena edición do certame OUFF Escola, no que este ano participaron 102 traballos de toda Galicia (A Coruña, 36, Pontevedra, 37, Lugo, 11, e Ourense, 18).
O OUFF Escola é un evento organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao abeiro do Festival de Cine de Ourense, e ten como obxectivo impulsar o uso do galego, coñecer a visión da infancia e da xuventude sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.
O Ouff escola “quere que dentro duns anos esteades aquí, nesta sala principal do Auditorio, presentando as vosas películas”, díxolle o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ao alumnado presente na gala. “Ben como directoras, ben como iluminadoras, ben como axudantes de dirección ou como responsables de vestiario, ben como actores ou actrices... O Ouff escola quere ser a semente dos futuros cineastas”, aseguraba o rexedor.
Na gala, conducida pola actriz ourensá Uxía Morán, déronse a coñecer os premiados nas dúas categorías (Infantil e Primaria, e Demais niveis de ensino non universitario), coa proxección dos traballos gañadores.

Palmarés
Categoría Infantil ou primaria.
• 1º premio: Colexio Sagrado Corazón de Praceres, por Mareas Vivas.
• 2º premio: CEIP Nosa Señora das Dores, por O conto da muiñeira.
• Premio ao mellor guión: CEIP Tenorio, por Na Corredoira
• Mencións especiais: CEE Infanta Elena e CEIP OS Ponzos.
Demais niveis de Ensino non universitario
• 1º premio: IES Alfoz Valadouro, por O preguiceiro.
• 2º premio: IES As Barxas, por Chico ou cabalo.
• Premio ao mellor guión: IES Breamo, por Entre o río e o mar.
• Mencións especiais: IES As Barxas, por Todos ou ningún, IES Poeta Díaz Castro e o IES Xesús Taboada Chivite.
O xurado do OUFF escola estivo composto, este ano, por César Silva, director de programación do 23OUFF e presidente do xurado; Rubén Riós, actor e produtor de cine e de televisión; Simone Saibene, director e produtor; Manoli Maseda, coordinadora territorial dos equipos de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia en Ourense; e Gregorio Ferreiro Fente, asesor técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Dentro das actividades paralelas do OUFF Escola está a proxección da película A cambio de nada, de Daniel Guzmán, o martes, 4 de decembro no Teatro Principal ás 11:00 horas; unha actividade de 'Lipdub' a cargo dos profesionais de “Nenoos” de Ourense, tamén o día 4 no Centro Cultural Marcos Valcárcel; tres talleres de dobraxe para alumnos de Secundaria; e o obradoiro de creación de cine “Cineduca”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.