Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense convoca a edición número 35 do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa.

A xunta de goberno local aprobou esta semana as bases e a convocatoria do tradicional certame, dotado cun premio de 6.000 euros e publicación da obra gañadora. O certame tivo como gañador na pasada edición o poeta allaricense Carlos da Aira, coa obra “Prender os fachos, compoñer os ósos'.

O Cidade de Ourense está aberto todas as persoas que desexen participar, de calquera nacionalidade, agás quen gañaron o premio nas cinco edicións anteriores, sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata as 14 horas do 12 de abril.

Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos. Presentaranse preferentemente en soporte dixital ou en soporte papel por quintuplicado, baixo lema, indicando “PARA O XXXV PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE” nun sobre pechado, no Rexistro Xeral do Concello (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado. As persoas que concorran de Portugal poderán entregar os seus traballos na Cámara de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos. Unha persoa pode presentar máis dunha obra ao certame, sempre e cando cada unha se presente de forma independente e cumprindo todos os requisitos.

O Xurado estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, o gañador da edición anterior e unha persoa representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa decisión será inapelable e producirase no mes de xuño. Quen gañe tamén recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e formará parte do xurado na seguinte edición.

Consulta as bases aquí: Bases_Poesia_2019

Carlos da Aira

O certame tivo como gañador na pasada edición o poeta allarticense Carlos da Aira, cuxa obra “Prender os fachos, compoñer os ósos' foi elixida por unanimidade por un xurado composto por Luís Tosar, poeta e presidente do Pen club Galicia, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galegas, Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Fernando Fitas, xornalista e poeta gañador da edición anterior.

O xurado valorou a obra do seguinte xeito: “Alicerzado nun discurso literario despoxado de artificialismos, mais presentando un conxunto de belas metáforas e un interesante vocabulario, esta obra constitúe un exemplo de como é posíbel transmitir a mensaxe, denunciar, insinuar, dar o recado, usando para o efecto, a poderosa suxestión da palabra, ao final, unha das trabes-mestras da poesía, desempeñando así, unha das súas funcións primordiais, cuxo significado se reviste de particular significado nos días que corren”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.