Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Medio milleiro de escolares e docentes participarán este ano no programa “Tertulias literarias”, que organiza o Concello de Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense. O alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira Belén Iglesias e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, presentaron esta mañá unha nova edición do programa, que inclúe dúas citas con obras literarias e coas súas autoras. A primeira, a tertulia en castelán, desenvolverase esta semana, de martes a xoves no Liceo, dedicada á obra “Mejor la ausencia”. A autora, Edurne Portela manterá un encontro cos escolares o xoves. No mes de abril será a segunda tertulia, sobre a obra “Deixe a súa mensaxe despois do sinal” de Alba Portabales.

Entre os 2 faladoiros, participarán nesta actividade 425 alumnos e alumnas e 43 docentes, unha cifra que refrenda un incremento do 50% no número de participantes en 4 anos, “proba da consolidación desta actividade, na que cremos decididamente e pola que reiteramos a nosa aposta máis decidida”, asegurou o alcalde. Jesús Vázquez incidiu no papel protagonista que o Concello outorga ao fomento da lectura como “eixo básico da nosa programación de actividades educativas, con programas como a campaña de animación á lectura e as actividades que cada día se realizan na rede de bibliotecas municipais.

“No caso das tertulias literarias -explicou- están dirixidas a escolares de ESO e Bacharelato e os convidan a profundizar nas obras, a ir máis aló da mera lectura, a compartir experiencias e reflexións, a dialogar, coincidir e discrepar, cultivando esa fermosa experiencia que é compartir os froitos dunha boa lectura. Ademais, neste caso, co valor engadido de ter a oportunidade de coñecer persoalmente e interactuar coas propias persoas que as escriben”, dixo.

De martes a xoves será protagonista da tertulia “Mejor la ausencia”, escrita por Edurne Portela, que obtivo o Premio do Gremio de libreiros de Madrid á mellor obra de ficción. Editada por Galaxia Gutenberg, a crítica a define como unha das novelas españolas do ano pola súa lucidez e honestidade. Nestas tres sesións participarán 239 escolares e 26 docentes

En abril, a tertulia en galego será sobre o libro “Deixe a súa mensaxe despois do sinal” de Alba Portabales. Unha obra que a crítica define como orixinal e deslumbrante, acerca dun grupo de voces que deixan mensaxes nun contestador.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.