Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Coral de Ruada dalle nome desde hoxe á praza situada na confluencia da rúa Xoán de Novoa e a Avenida de Bos Aires, froito da homenaxe que o Concello de Ourense rendeulle esta mañá á agrupación ourensá, co que culmina o expedeinte de honras aberto á agrupación ourensá no centenario do seu nacemento

O alcalde, a Corporación e representantes da Coral participaron nos actos que se desenvolveron primeiro no salón de plenos e posteriormente na propia praza. Nesta descubriuse a placa que lle dá o nome da Coral de Ruada “como mostra de recoñecemento e gratitude da nosa cidade a unha das agrupacións máis senlleiras e queridas da nosa provincia. Unha fonte inesgotable de amor á nosa música, á cultura galega e as nosas tradicións, embaixadora da nosa terra en todo o mundo, sinal identitario e sementadora de paixón por Ourense e de paixón por Galicia”, sinalou o alcalde.

Vázquez Abad lembrou que o Concello de Ourense, por acordo dos catro grupos políticos con representación municipal, quixo recoñecer este ano o extraordinario labor realizado pola Coral de Ruada “ao longo dos seus cen anos de existencia en prestixio da nosa cultura e das nosas tradicións”, tramitándolle un expediente de honras. Neste expediente, dixo “tivemos a oportunidade de comprobar o inmenso cariño que a nosa cidade sente pola Coral. Máis de 1.800 persoas se sumaron a esta proposta, á que tamén se adheriron numerosas asociacións e entidades culturais da nosa cidade”. Como resultado deste expediente, o Pleno do Concello acordou o día 1 de febreiro darlle a esta praza o nome da Coral de Ruada.

“É unha inmensa ledicia ter a oportunidade de darlle as grazas en nome da nosa cidade a quen tanto bo leva feito por Ourense", asegurou o rexedor, expresando o desexo de que “ogallá o espírito da Coral de Ruada impregne cada recuncho desta praza, e co seu nome siga a reivindicar ese sensacional e inesquecible legado de amor á cultura galega, de amor á música, de amor a Ourense do que a nosa coral sempre fixo gala”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.