Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As festas de Ourense completan a súa programación. Do sábado 21 ao domingo 30 de xuño, a cidade de Ourense poderá bailar cos 27 concertos para todos os públicos e sensibilidades: desde Neo, a nova banda de Alberto Cereijo e Fernando Calvo, pasando por Izal, The Furious Monkey House, Ramoncín ou Viva Suecia, María do Ceo, a Coral De Ruada e até un concerto infantil de María Fumaça. A Praza Maior, as do Ferro e San Martiño e a explanada de Expourense serán os escenarios musicais, xunto coa rúa do Progreso onde actuarán as orquestras. O programa elaborado pola Concellería de Cultura para estas festas aposta tamén polo teatro de rúa, con 12 espectáculos na Praza de Bispo Cesáreo.

Concertos

  • Durante estes días de festa, a Praza Maior acollerá o concertos de Viva Suecia (día 22), Furious Monkey House (23). La Edad de oro del pop español (24), Ramoncín (25), María do Ceo, Marem Ladson, Christina Rosenvinge e Morgan (27), Neo e Siniestro Total (28), para rematar con Budiño e Luiz Caracol o 29. Estes concertos serán de entrada gratuíta mais con aforo limitado
  • Na Praza de San Martiño actuarán músicos dunha grande variedade de estilos musicais, como Víctor Prieto (23), Pauliña (24) La Chata Soul (25), De Vuelta (26), Nuria Graham (27), Escuchando elefantes (28), Os amigos dos músicos (29). A Praza acollerá tamén un concerto infantil, de María Fumaça, o 30 de xuño.
  • Na Praza do Ferro sonarán outros 4 grupos: Kings of the beach (26), Aries (27), Moly Burch (28) e Menage a Trois (29).
  • Na rúa Progreso, o Grupo Assia a noite do sábado 22 e Os Satélites (29) e Gran Parada (o 29).
  • E na explanada de Expourense: Marea (27), Izal (28) e Aitana (29) As entradas para os dous primeiros grupos están á venda en www.ataquilla.com, e para Aitana en www.evenbrite.com.

Teatro de rúa, fogos artificiais e exposicións

A programación das Festas de Ourense aposta polo teatro de rúa, con doce espectáculos que achegarán ao público da cidade obras de compañías como a galega Duelirium, o día 24; o madrileño Mago Kayto o 25; Francis Zafrilla (Castela A Mancha, o 26); Vueltos de Rosca (Madrid) o 27; Inconfundibles (Cataluña) o 28;. Finalmente, o día 29 haberá doble sesión de “Os Xogos do Paporrubio” e senllos espectáculos de monicreques a cargo de Larraitz Urruxola e Inacio Vilariño.

A fin de festa chegará coa tradicional tirada de fogos artificiais a cargo de Pirotecnia Pablo, na marxe dereita do río Miño, na noite do 29 ao 30 de xuño.

O Museo Municipal acollerá tamén durante estas datas dúas exposicións, as de Angeles Sioli “En voz alta” e a de Zeta “Obra matérica”

Consulta o Programa das Festas_de_Ourense_2019.pdf

O cartel das festas foi realizado pola deseñadora ourensá Tania Olveira

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.