Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

 

O Concello de Oruense aposta polas festividades do Samaín e Magosto 2019, ampliando a súa programación de actividades co obxectivo de potenciar estas festas, animar á cidadanía a participar nelas e converter Ourense nun referente de actividade cultural e lúdica. O Magosto, festa representativa da cidade estenderase desde o día 8 ao 11 de novembro cunha vintena de actividades entre as que salienta os concertos dunha escolma dos mellores grupos galegos, como Brañas Folk, Susane Seivane, Leilía ou Os de Abaixo, ou o Espazo Galaico que estará en Bispo Cesáreo, xunto coa tradicional magosto popular, as actividades de animación de rúa e as dirixidas ao público infantil. O concelleiro de Cultura, Mario González, e o programador Álex Hermida presentaron a programación de actividades.

O Espazo Galaico é unha das principais novidades da programación. En Bispo Cesáreo as persoas que se acheguen poderán participar en visitas guiadas ao Laboratorio do tempo, presenciar recreacións da vida nun castro celta, exhibicións de esgrima, retratarse no photocall con vestimentas e armas da época galaica, ou participar en obradoiros de amuletos, bonecos, instrumentos musicais ou banda deseñada. A festa terá un gran protagonismo da gastronomía, xa que coincidirá co concurso de pinchos Sabores de Ourense, locais de hostalería elaborarán menús especiais e as denominacións de orixe da provincia organizarán diferentes actividades e catas dos seus viños.

No caso do Samaín, a programación aposta por darlles continuidade ás actividades dirixidas á rapazada, que durante os últimos anos veñen acadado unha grande participación e incorpora novas propostas para persoas de todas as idades, coa cita destacada dos Desfiles da Santa Compaña, con diferentes rutas que percorrerán as rúas da cidade até rematar na Praza Maior, onde se desenvolverá o espectáculo de música, pirotecnia e efectos visuais “Les Tambours de Feu” (“Os tambores de fogo”), a cargo da compañía vasca Deabru Beltzak.

DOCUMENTACIÓN:

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.