Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense inicia este luns, 18 de novembro, 'Outono con apego', unha chea de propostas e actividades dirixidas ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e tamén a profesionais da educación infantil. Charlas, recursos, contos e arrolos forman este programa de actividades, todas de balde, co obxectivo achegarlles ás familias recursos que axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa cos seus descendentes.

As propostas ofrecidas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense son as seguintes:

  • Luns, 18 de novembro. Charla: “Os nenos e as nenas e a lingua, unha oportunidade”, a cargo do escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, Manuel Núñez Singala, que dará as claves para analizar, dun xeito ameno e positivo, a importancia de medrar en contacto co galego. Está dirixida a público adulto.
  • Venres, 22 e luns, 25 de novembro: Contamos un conto e Recursos en galego para familias e persoal da educación infantil, ambas a cargo de Ruth Caramés de Fabaloba, que exporá unha chea de recursos para a crianza en galego: contos tradicionais, libros ilustrados, historias propias, contos con monicreques... e explicará que os contos ademais de ser un pracer en si mesmos tamén poden ser unha valiosa ferramenta de aprendizaxe.
  • Mércores, 27. Obradoiro de arrolos con Mamá Cabra, o popular grupo que desde os seus inicios marcouse como obxectivo cantar, bailar e transmitir o gusto pola música á rapazada. Este obxectivo comeza nas voces das súas familias, polo que Gloria Mosquera e Diego Maceiras, aprenderanlles ás familias a transmitir o gusto pola música cun obradoiro de arrolos.

As actividades desenvolveranse na Sala Apego do Auditorio municipal, ás 18.00 horas. Son gratuítas, pero con prazas limitadas polo que haberá que inscribirse no teléfono 988.391.290 ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.