Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A obra co lema Mar adentro e o título O anxo de Durero, do autor ferrolán Jorge Llorca é a gañadora da vixésima edición do Premio Risco dre Creación Literaria, que convocan o Concello de Ourense e a Fundación Risco. Así o acordou na xuntanza que celebrou este mediodía no Liceo o xurado deste certame, que estivo formado por Mario González, concelleiro de Cultura, Luis Martínez Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco, Andrea Fernández Blanco, tradutora, e María Fernández da Costa, profesora de lingua e literatura galegas, actuando como secretaria a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Mónica Fernández Valencia

O certame, que lles rende homenaxe a Vicente Martínez Risco e ao seu fillo Antón Martínez-Risco Fernández, está dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora. Presentáronse 20 traballos a esta edición

O xurado destaca da obra gañadora “a calidade da linguaxe literaria. Un texto que seduce xa desde o inicio, convidando a acompañar a historia e as personaxes até o desenlace”. Destaca sobre todo, dí o xurado, “a voz narradora, que se presenta como unha persoa de común pero ao tempo, excepcional. Tamén valoramos as descricións plásticas que trasladan dun xeito moi nítido, a persoa lectora ao interior da trama. O coñecemento e a idiosincrasia do pobo galego aparece perfectamente reflectido neste interesante relato”, subliñan tamén

Jorge Llorca une así o seu nome a autores e autoras como Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride Ogando, Isidro Novo, Xosé Vázquez Pintor, Alberto Ramos, Fernando R. Méndez ou Adelaida Vidal que acadaran este premio en edicións anteriores deste certame, que cumpre xa os 20 anos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.