Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Entroido 2020 xa está en marcha na cidade coa convocatoria do Concurso de Comparsas e da Elección do Rei-Raíña, cuxas bases publica a Concellería de Cultura no seu espazo web e que están abertas a asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios, etc. Repartiranse 18.000 euros en premios entre os participantes no desfile, que terá lugar o vindeiro domingo, 23 de febreiro. Para o Rei-Raíña do Entroido, un xurado valorará a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario e a creatividade.

BASES Entroido 2020

Os premios por categorías serán os seguintes:

  • Rei - Raíña 600 €

Comparsas con máis de 10 compoñentes:

  • 1º premio 900 €
  • 2º premio 700 €
  • 3º premio 500 €

Comparsas con menos de 10 compoñentes:

  • 1º premio 400 €
  • 2º premio 300 €
  • 3º premio 200 €

Especiais Comparsas:

  • A máis numerosa 300 €
  • A máis ocorrente ou graciosa 300 €
  • Mellor animación / musical 300 €

Carrozas:

  • Mellor deseño 300 €
  • Mellor animación 300 €

A Concellería de Cultura tamén prevé axudas para todos os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio. As carrozas recibirán 120 € cada unha pola súa participación; as comparsas de 5 a 9 compoñentes 60 €, de 10 a 19 compoñentes 90 €, de 20 a 29 compoñentes 120 €, de 30 a 39 compoñentes 150 €, de 40 a 49 compoñentes 180 €, de 50 compoñentes en adiante 210 €.

As inscricións das carrozas e/ou comparsas faranse a través do Rexistro Xeral do Concello e mediante os modelos de inscrición oficiais. No caso de Asociacións ou Entidades a inscrición farase a través de Sede Electrónica. O prazo de inscricións de carrozas e comparsas, así como para participar no concurso de Rei - Raíña remata o martes 18 de febreiro ás 14:00 horas.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.