Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello reforza a programación do Entroido de Ourense 2020 coa finalidade de potenciar a súa dimensión de Entroido líder no Noroeste peninsular. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que presentou a programación de actividades xunto ao concelleiro de Cultura, Mario González e representantes dos Entroidos da cidade: As Pitas das Eiroás, Paquita e Nicanor de Seixalbo e Frei Canedo da Ponte.

Como principal novidade, o Entroido de Ourense (13 ao 26 de febreiro) contará por primeira vez con 3 desfiles. Xunto ao tradicional de comparsas e carrozas do domingo, 23 de febreiro, incorpora un desfile infantil (venres, 21, 12.00 h) no que participarán 1.300 escolares da cidade, e un desfile dos Entroidos da cidade (o mesmo día, ás 20:30 h), que percorrerán as rúas e prazas da zona vella da cidade.

Tamén se reforza a programación coa actuación de orquestras (catro en total: o sábado, o domingo, o luns e o martes) na Praza Maior, ademais das actividades de animación de rúa, o pregón de Moncho Borrajo, as festas e actividades infantís ou a elección do Rei ou Raíña do Entroido, o Enterro da Sardiña e as actividades propias dos entroidos da Ponte, Seixalbo e As Eiroás.

O Concello editou 40.000 exemplares coa programación do Entroido 2020, que fará chegar nos próximos días aos domicilios de toda a cidade.

“Vai ser un excelente Entroido de cidade”, asegurou o alcalde de Ourense, quen lembrou que a nosa é “indubidablemente a cidade galega e do noroeste de España co mellor entroido que hai. Non hai ningunha cidade que poda competir con nós e esperamos seguir liderando ese ránking”, afirmou.

Destacou as melloras da programación -a primeira, lembrou, que organiza este goberno municipal-, subliñando aspectos como os dous novos desfiles ou as actuacións de orquestras na Praza Maior o domingo e o martes, así como a “forza cada vez maior” que están a adquirir os entroidos da cidade. “O Entroido de Ourense vai cada vez a máis e é o que esperamos para este ano”, asegurou Pérez Jácome.

DOCUMENTACIÓN

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.