Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Os concellos de Ourense e Montealegre colcaborarán na promoción das súas actividades festivas e deportivas máis destacadas. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o rexedor da cidade portuguesa, Orlando Alvés asinaron esta mañá un protocolo que recolle a vontade de colaboración e irmandamento cultural entre ambos municipios, que se plasmará no ámbito festivo na celebración, do Venres 13/Sexta 13-Noite das Bruxas, que se desenvolverá en Montealegre o día 13 de marzo, e na Noite da Santa Compaña, que se celebrará en Ourense o 31 de outubro, na súa segunda edición. No ámbito deportivo, a primeira referencia será o Campionato do mundo de Ralicross World RX of Portugal, que se desenvolverá os días 2 e 3 de maio na cidade portuguesa.

O acordo de colaboración ten como finalidade contribuír á promoción de eventos cos que ambos municipios pretenden acadar unha ampla afluencia de público. No caso da Noite das Burgas, é un evento organizado pola Cámara de Montealegre que se desenvolve desde o ano 2002 todos os venres 13, nun dos maiores espectáculos de rúa de Portugal, que congrega unhas 30.000 persoas.

A festa terá este ano marcado protagonismo galego, xa que o espectáculo central no castelo de Montealegre correrá a cargo do Bruxo Queiman e Antía Pousa. Ambos artistas participaron na presentación desta mañá, na que interpretaron un avance do seu espectáculo, no que a cidade de Ourense será protagonista e se lembrarán os cen anos da Xeración Nós

A cidade de Ourense presentará pola súa banda en Montealegre a Festa da Santa Compaña, que organiza o Concello a noite do 31 de outubro. Un evento que no ano 2019 celebrou a súa primeira edición, e ao que o goberno municipal quere darlle un forte impulso este ano, e captar a afluencia de visitantes de toda Galicia e do Norte de Portugal. O Concello de Ourense tanén promocionará no Norte de Portugal o Entroido, como festa referente da nosa provincia.

Toda a información sobre a Noite das Bruxas e o Campionato do mundo de Ralicross na páxina web da Cámara Municipal de Montealegre

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.