Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense aprobou esta mañá, en xunta de goberno extraordinaria, as bases e a convocatoria do Premio Nós de relatos 2020, unha das actividades coas que a Concellería de Cultura quere incentivar a creación e publicación en galego no centenario da Revista Nós. Este premio únese aos de Poesía Cidade de Ourense, que vai xa pola súa XXXVI edición, e ao Risco de creación literaria, na XXI edición. Este novo premio, dotado con 4.500 euros en premios -3.000 euros para o primeiro, 1.000 euros para o segundo, e 500 euros para o terceiro-, réndelle homenaxe a un dos proxectos culturais colectivos máis singulares, o que fixo que Ourense merecese o alcume de Atenas de Galicia.

Bases. [Enlace.pdf] Poderán participar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que as súas obras se presenten en galego. Os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de extensión de 10 páxinas e un máximo de 50, estar escritos en letra Arial, corpo 12 e interliñado 1,5. Presentaranse preferentemente en soporte dixital, nos seguintes formatos: .pdf e .doc, libreOffice ou similar. No caso de optar pola presentación en papel, os orixinais presentaranse por cuadriplicado.

As obras deberán presentarse cun lema ou pseudónimo, indicando “Para o Premio NÓS de relatos” nun sobre pechado. No interior, e noutro sobre pechado e co mesmo lema ou pseudónimo, figurará unha fotocopia do documento de identidade do autor ou autora (DNI, pasaporte, NIE), enderezo, o seu teléfono e o enderezo electrónico. Cada persoa só poderá presentar unha obra. O prazo improrrogable de presentación rematará ás 14 horas do 4 de setembro de 2020 e a entrega farase directamente no Rexistro do Concello de Ourense, ou por correo certificado a este mesmo enderezo.

O Xurado cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura e estará formado polos seguintes membros: O concelleiro de Cultura, como presidente; como secretario, un técnico do Servizo de Cultura; e tres vogais de recoñecida solvencia. A súa decisión será inapelable e a reunión terá lugar no mes de outubro.

Ademais dos premios en metálico, os relatos gañadores serán publicados nun libro conxunto.

Actividades Centenario Revista Nós. No centenario da saída da Revista Nós do prelo, a Concellería de Cultura promoveu unha comisión organizadora -creada o 22 de xaneiro- para coordinar os actos en colaboración con diversas asociacións e entidades da cidade. A propia Concellería organizará os actos directamente contando coa colaboración das entidades representadas nesta comisión. Xunto coa aprobacións das bases do premio literario, están previstas ás seguintes accións:

  • Colocación dunha placa conmemorativa a Florentino Cuevillas.
  • Exposición Significado de Nós que se instalará en distintos espazos da cidade.
  • Presentación dos libros dos Premios Literarios de 2019

Polo que supuxo no seu día esta publicación e porque unha boa parte das persoas que colaboraron neste proxecto, a chamada Xeración Nós, era oriúnda da nosa cidade, o Concello utilizará o logotipo conmemorativo que se promoverá en todas as áreas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.