Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Este mércores arrinca, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, o ciclo de concertos de jazz que ofrecerá o Alfonso Medela Trio dentro da programación do Verán Cultural da Concellería de Cultura. Será o inicio de tres días consecutivos en que os ourensáns poderán gozar de alternativas culturais na rúa para todos os gustos.
Todas as actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias e distancia social para o seu correcto desenvolvemento.

  • Mércores 15, 20:30 horas. Terraza do Centro Comercial Ponte Vella
    Diana Tarín e Alfonso Medela Trío. Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor superior de Piano, é especialista en Jazz e Música Moderna, así como creador de máis dun cento de temas propios. Nestes concertos estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín. Todos os públicos. Gratuíto.
  • Xoves 16 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    Sincronacidas. Oh! Olimpiadas. Unha fresca e divertida proposta na que dúas limpadoras ven como as súas rutinas son retransmitidas por televisión, coma se dunha competición olímpica se tratase. O cotián narrado como se fose un momento único para construír un mundo absurdo e disparatado.
  • Venres 17 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    Camerata Lírica. La Traviata. Concerto escenificado desta grande obra de principio a fin, na que non faltan as arias, os dúos e tercetos máis importantes. A obra de Verdi con libreto de F. M. Piave baseada na novela de Alejandro Dumas “A dama das camelias”.
    Non se permitirá a entrada unha vez comezado o espectáculo.

Ademais, a cidadanía ten á súa disposición os diferentes espazos culturais do Concello de Ourense: Museo Municipal, Sala Valente, Claustro de San Francisco...

  • Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto
    Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quesada, Antonio Quesada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
    Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.
    Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.
  • Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20
    Isidro Tascón. Réplica. Mesmos horarios que o Museo.
  • Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián
    Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h
  • Claustro de San Francisco
    O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.