Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A semana, “que en si mesma contribúe divulgar as experiencias para que outros públicos poidan achegarse a este fascinante deporte”, en palabras de Iglesias Cortés, quere percorrer a historia da relación de Ourense coa montaña.

Programación

O luns 21 desde as 20:30 horas haberá un relatorio titulado Os albores da montaña. Historia da montañismo ourensá dende os 70, a cargo dos ex-presidentes do Club Alpino Ourensán. O resto do programa, como segue:

Martes 22. Patagonia: Alpinismo salvaxe, por Manu Veiga. Durante o primeiros vinte días do mes de xaneiro de 2016, un membro do Club Alpino Ourensán xunto con outros dous alpinistas realizaron unha serie de actividades na Patagonia Arxentina. O descubrimento do alpinismo austral, dos costumes locais e dos ventos patagónicos serán o tema da proxección.

Mércores 23. Dereito e Montaña: século e medio de relación, por Alejandro López. Desde os albores do montañismo, o dereito estivo patente en moitas das xestas do alpinismo, desde Whimper no Cervino, á primeira do Eiger, a épica de Bonatti no Annapurna ou as actuais actividades no Himalaya invernal. A proxección será unha análise dos problemas xurídicos e de responsabilidade no mundo da montaña e que afectan a un grande número de persoas

Xoves 24. Volta ao Mundo a pé: A conquista dun soño, por Nacho Dean.A historia dunha volta ao mundo camiñando que levou a Nacho Dean durante 3 anos a percorrer 4 continentes, 31 países e 33.000 quilómetros en solitario, sen asistencia e sen interrupción.

Venres 25. Relatorio do Equipo Feminino de Alpinismo FEDME. Ao longo de tres anos, as mozas seleccionadas para formar parte do Equipo Feminino de Alpinismo realizan varias concentracións anuais. Neste relatorio as mozas presentarán as súas actividades e compartirán a súa paixón pola montaña sempre cun sorriso e con bo humor.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.