Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A poesía circulará o sábado pola mañá nas liñas de autobús de Ourense. A Bela Auria, que se celebra ese mesmo día na Praza do Bispo Césareo, promove a actividade “NÓS urbanos”, que converterá os autobuses da cidade en arterias literarias.Antía Balvís, Carlos da Aira, Tamila Alem e Ori Darko, levarán a celebración de NÓS aos barrios do Vintenún, O Couto, Barrocás e Mariñamansa. Forman parte dunha xeración de poetas e dicidores que emerxe e dinamiza a cidade, que como sempre se fixo nas xeracións literarias da Auria, xuntan tamén o seu talento ao evento. Desde as 12:00h, tomarán varias liñas de autobús, enchéndoas de poesía e anunciando e contaxiando do espírito festivo da xornada, para rematar ao redor das 14:30h na parada da Alameda.

A Praza do Bispo Cesáreo será desde as 12:00h o epicentro cultural da cidade, que volverá por unhas horas a aquel esplendor dos anos vinte do século pasado. O espazo acollerá xogos tradicionais, área de lecer e enredos para cans, un mercado creativo, e recunchos con lembranzas da historia da cidade, como o antigo Hotel Roma, os cafés cantantes, o Castelo de Ramiro ou a sanguinaria familia dos Cadórniga. O conxunto, “un universo mítico, máxico e plástico”, fará viaxar ás visitantes ao Ourense clásico. Para acceder ao recinto non se require reserva de entrada.

A ducia de horas programadas inclúen ademais unha oferta para todas as idades e públicos, concertos, teatro, cine, contacontos, ou obradoiros, sucederanse para celebrar o centenario de NÓS, traendo á memoria os anos 20. Son actividades que si que requiren reserva de entrada para cumprir cos aforos de seguridade pola COVID-19. A acollida do público está sendo moi boa e na maioría dos actos a organización xa colgou o cartel de “completo”.

As promotoras da festa chaman a "contaxiar seguridade", e apelan ás asistentes a tomar as medidas preventivas individuais fronte á COVID-19. "Queremos festa, pero sen descoidar a seguridade. A responsabilidade depende de todas".

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.