Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Fundación ”la Caixa” e o Concello de Ourense presentan a exposición Sebastião Salgado. Xénese. Arte na rúa na Avenida de Pontevedra, até o 4 de novembro. A exposición forma parte do acordo de colaboración da Xunta de Galicia e a Fundación ”la Caixa” para a celebración do Xacobeo 2021, cun investimento específico por parte da entidade de 5 millóns de euros destinados a este fin entre este ano e o vindeiro.

Dentro da súa programación cultural, a Fundación ”la Caixa” presta unha atención preferente ás manifestacións artísticas máis contemporáneas, as dos séculos XX e XXI. Mediante as súas exposicións sobre cine e fotografía, a Fundación ”la Caixa” quere amosar a influencia das imaxes na sensibilidade contemporánea e destacar o papel dos grandes creadores visuais do século xx na nosa forma de ver o mundo.

Co seu programa Arte na rúa, a Fundación ”la Caixa” pretende converter Ourense nun museo a ceo aberto e achegar a obra de artistas de renome no panorama internacional. O programa Arte na rúa comezou a súa andaina en 2006, e desde entón achegou ao público as creacións de artistas contemporáneos como Manolo Valdés ou Igor Mitoraj, así como referentes da modernidade como Auguste Rodin ou Henry Moore. As exposicións cumpren unha función social: son unha ferramenta de coñecemento e de integración ao alcance de todos, o que representa o obxectivo último da Fundación ”la Caixa” no eido cultural.

Agora, a entidade e mais o Concello da Ourense, presentan a exposición Xénese, que mostra o excepcional traballo do fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado. Trátase do seu terceiro proxecto a longo prazo sobre temas globais, tras os seus anteriores traballos Traballadores e Éxodos. Se nestes dous proxectos retratou a condición humana e evidenciou as desigualdades do mundo actual mediante unha linguaxe plástica persoal, profunda, poética e de alta calidade formal, en Xénese pon o foco no mundo natural e convídanos a interrogarnos sobre o estilo de vida humano actual e o seu impacto nos recursos naturais do planeta.

Nado en 1944 en Aimorés, Minas Xerais (Brasil), Salgado estudou Economía, pero desde os 29 anos está dedicado por completo á fotografía. Despois de traballar para as axencias Sygma e Gamma, en 1979 incorporouse a Magnum Photos, onde permaneceu ata 1994, ano no que creou, xunto con Lélia Wanick Salgado, Amazonas Images, unha axencia dedicada exclusivamente á súa obra. En 2001 foi nomeado embaixador especial de UNICEF, e entre os seus numerosos recoñecementos recibiu en 1998 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

+info: Fundación laCaixa

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.