Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá o plan estratéxico de subvencións da Área de Cultura do Concello para o exercicio 2021, unha ferramenta para a planificación estratéxica das políticas do gasto público no eido cultural, cuxos obxectivos concretos se resumen en tres grandes ámbitos:

1. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva ou non competitiva:

  • a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural -50.000 euros-
  • a asociacións veciñais, comisións de festas e entidades sen fin de lucro que desenvolvan festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro -50.000 euros-.
  • a empresas para a realización de festivais, ciclos ou mostras relacionadas coas artes escénicas ou musicais -100.000 euros-.

2. Subvencións nominativas de concesión directa a través de convenios a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións culturais -Liceo de Ourense, 6.000 euros-.

3. Premios:

  • de cartelería para o deseño dos carteis do ciclo festivo da cidade: o Entroido -800 euros-, Os Maios -800 euros-; as festas de Ourense -1.000 euros-, o Samaín -600 euros-, e do Magosto -800 euros-.
  • literarios: Premio Risco de Creación Literaria -6.000 euros-, de Poesía Cidade de Ourense -6.000 euros- e premio Nós de Relatos -4.500 euros-.
  • premios pola participación en festas tradicionais: concursos de comparsas e carrozas de Entroido -5.100 euros-,
  • concursos de Maios e Coplas -1.700 euros-,
  • concurso de Beléns -2.000 euros-
  • premio de pintura rápida -2.500 euros-.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.