Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O arqueólogo, prehistoriador, fundador da Revista Nós e do Partido Galeguista, Florentino López Cuevillas (1886-1958)] recibiu hoxe, no día do centenario da Revista Nós, a homenaxe da cidade de Ourense cunha placa na casa na que viviu e traballou, na rúa de Santo Domingo. O acto, promovido polo Concello, contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o arqueólogo municipal Xosé María Eguileta, en representación da Fundación Vicente Risco, e Alfonso Monxardín, en nome da Fundación Otero Pedrayo, xunto coa filla do homenaxeado, Milagros López Cuevillas, quen descubriu a placa, e a súa neta Margarita Tovar López Cuevillas.

Pérez Jácome subliñou a extraordinaria achega realizada por López Cuevillas e a Xeración Nós. A Xeracións Nós, dixo “lémbranos o que fomos e o que podemos volver ser. Destacamos nunha época en Galicia grazas a persoas como Cuevillas e todos os que integraron a Xeración Nós. Dánnos ánimos de que o que fomos, podemos volvelo ser. Somos a terceira cidade de Galicia e temos moito que dicir. Ter referentes como estes e mirarnos no pasado, nos pode indicar o camiño cara ao futuro”.

O alcalde puxo en valor o “impresionante” esforzo realizado pola Xeración Nós por poñer en marcha unha revista no ano 1920 tentando comunicar a súa mensaxe. “Podemos imaxinar o duro que tivo que ser”, incidiu, para destacar que “o bo é que aquilo non só durou 15 anos, senón que perdurou no tempo, é algo eterno, que seguimos recordando e se seguirá recordando”.

O Concello seguirá a desenvolver até o próximo ano 2021 actividades de homenaxe á Xeración Nós con novas propostas e celebrará o acto central cando as circunstancias sanitarias o permitan.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.