Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A primeira edición do Premio NÓS de relatos, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense e dotado con 3.000 euros, xa ten gañador. A honra correspóndelle a Francisco Rozados Rivas, co seu relato A miña vila, “un relato costumista que nos fala de personaxes senlleiras dunha vila”, recolle o fallo do xurado, “cunha linguaxe moi coidada e moito humor e retranca” que, ademais, “consegue facer unha detallada descrición das personaxes sen perder o bo ritmo narrativo”.

O segundo premio, dotado con 1.000 euros, recaeu no relato A liña 15C, escrito por Maria Cristina Rey Vázquez. O xurado destaca a temática tratada, moi actual nos tempos que corren de inxustizas sociais, e que consegue manter a incerteza até o final.

Completa o cadro de gañadores Manuel Darriba Blanco, co relato Cabalgar, unha creación “moi cinematográfica”, en palabras do xurado, “con moito ritmo que é capaz de meternos na situación que están a vivir”. Por este texto sobre a precariedade no traballo, a loita sindical e a manipulación informativa, Darriba Blanco gaña 500 euros.

Os tres relatos serán publicados nun libro conxunto, do que recibirán 25 exemplares cada unha das persoas premiadas.

Máis de 60 traballos presentados

O I Premio NÓS de relatos, para o que se solicitaban textos orixinais e inéditos de entre10 e 50 páxinas, recibiu 63 exemplares. Foron valorados por un xurado composto por tres membros: Eladino Cabanelas Fernández, Concepción López Fernández e Lucía López Cedrón.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.