Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense desenvolverá a campaña informativa “Saúde e Protección Escolar Covid-19”. É unha iniciativa da Concellería de Educación dirixida a promocionar a saúde e resolver as dúbidas do alumnado de Educación Primaria e 1 º e 2º do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) sobre a pandemia e o correcto uso das medidas de prevención e hixiene establecidas no protocolo escolar Covid 19. As charlas comezarán o luns, 23 de novembro, no colexio Miraflores, e no programa participarán 611 alumnos da cidade.

Esta proposta nace tras detectar que os currículos os dous primeiros cursos do ESO están exentos de contidos relacionados coa saúde e o sistema inmune, e que no sistema curricular galego non se aborda até o 6º curso de Primaria. Tendo en conta estes factores e que o protocolo escolar COVID 19 de Galicia lles confire aos centros educativos a posibilidade de deseñar de maneira transversal e voluntaria programas de educación neste tema, a información sobre as infeccións e as medidas de prevención e hixiene fronte a estas novas circunstancias depende da vontade do profesorado ou de cada centro.

Así, o programa da Concellería de Educación quere acompañar e sustentar a información entre os escolares para axudalos a unha mellor comprensión e formación sobre todo o relacionado coa COVID19.

Basket & English. Este luns -ás 16:30 horas, no colexio Divina Pastora- comezará tamén a actividade Basket and English, dentro do programa Educación en Valores da Concellería de Educación. Dirixido aos escolares de Educación Primaria, oriéntase na adquisición de coñecementos, estratexias e habilidades para promover o deporte e a aprendizaxe dunha lingua.

Entre os obxectivos desta actividade están os de mellorar a súa saúde, conscientes do incremento do índice de obesidade infantil, e o de desenvolver actitudes de respecto cara aos demais a través da comunicación en inglés: os participantes aprenderán a xestionar as formas de relacionarse cun maior repertorio de ferramentas para facerlle fronte aos retos da vida diaria.

Nesta actividade participarán 146 alumnos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.