Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Un autobús musical itinerante no que actuarán Diego Nóvoa, Priscila e Broken Peach, a Mostra de Teatro Infantil, o Concerto de Reis e o belén de Arturo Baltar na Praza de San Cosmede e Damián son as principais propostas da programación deseñada pola Concellería de Cultura para o Nadal 2020, adaptada ás restricións derivadas da pandemia da COVID-19. Este ano non haberá Cabalgata de Reis, mais as súas maxestades faranlles chegar os caramelos á cativada nos propios centros educativos. Ademais, recibirán os nenos e as nenas no Auditorio o día 5 de xaneiro pola tarde.

Belén de Baltar. Un ano máis, un dos máis fermosos reclamos do Nadal de Ourense será o belén de Arturo Baltar, na Praza de San Cosmede e Damián. Abrirá as portas o venres 18 de decembro, até o 6 de xaneiro, de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 (os días 25, 1 e 6 só pola tarde). O belén componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas, conxuntamente coas construcións de carácter popular, crean ese ambiente singular.

Bus musical itinerante. Un autobús itinerante percorrerá as rúas da cidade para amenizar o Nadal, con actuacións de Diego Nóvoa, Priscila e Broken Peach. Diego Nóvoa é un emerxente músico ourensán que tivo na cidade a oportunidade de nacer, crecer e descubrir o seu talento e enfrontarse ao futuro que a vida tiña marcado no seu camiño: ser artista. Os tamén ourensáns Priscila amenizarán a cidade con versións de cancións clásicas de Nadal en formato de rock and roll acústico. Broken Peach é unha banda de rock e soul, que propoñen un espectáculo para públicos de todas as idades.

  • Sábado 19, 18.30h - Diego Nóvoa
  • Domingo 20, 12.30 e 18:30h - Priscila
  • Martes 22, 12.30h - Broken Peach e 18.30 h - Priscila
  • Mércores 23, 12:00 e 18:00h – Papá Noel + Priscila
  • Xoves 24, 12:00h - Papá Noel + Priscila
  • Sábado 26, 12.30 e 18:30h - Broken Peach
  • Sábado 2, 12.30 - Broken Peach e 18.30 - Priscila
  • Domingo 3, 12.30 e 18:30h – Priscila

Teatro Infantil. O auditorio municipal acollerá catro funcións da Mostra de Teatro Infantil de Ourense, MOTI, que se presentará o vindeiro venres, e cuxo programa se estenderá desde o día 22 ao 30 de decembro.

Recepción aos Reis Magos. As súas maxestades recibirán á rapazada da cidade o día 5 de xaneiro, no Auditorio, ás 16:00h. Nos próximos días informarase de como será a reserva de prazas.

Concerto de Reis. O sábado, 9 de xaneiro, no Auditorio, a cargo da Orquestra Clásica de Vigo. Nos seus 35 anos de historia as obras interpretadas cóntanse por centos, e nos últimos anos realizou propostas de danza, cine en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. A Orquesta Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que concibe como un espazo aberto de debate co que realizar novas propostas e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

Espazos expositivos. Tamén durante estas festas, o público poderá desfrutar destas cinco propostas:

  • Museo Municipal: Os nosos fondos. A exposición contén obras de importantes mestres da pintura e da escultura ourensáns, que forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se custodian no Museo.

  • Museo Municipal, sala III: Reencontros e banalidades, de Bea Durán. Amosa 59 luscofuscos fotografados durante os 59 días de confinamento, no marco do estado de alarma iniciado o 14 de marzo.

  • Sala Valente: Os caprichos espidos, Xosé Poldras, composta por 80 debuxos de grafito sobre papel, 12 linografías, imaxes do exemplar dos Caprichos de Goya custodiado no Museo de Pontevedra, a edición facsímil editada pola Universidade de Zaragoza, e textos explicativos da tese de doutoramento do autor.

  • Claustro de San Francisco:Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1923, o Claustro de San Francisco sobreviviu á súa azarosa historia conservando practicamente intacta a beleza dos seus 63 arcos, todos decorados con motivos vexetais, animais (reais e fantásticos) e humanos esculpidos en pedra. Obra de estilo gótico, con clara influencia románica.

  • Centro comercial Ponte Vella: Construíndo o Universo dende Ourense, exposición polo centenario da creación da revista Nós. Composta por 12 paneis informativos que homenaxean a revista e a toda a xeración Nós.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.