Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense pospoñerá, durante o primeiro trimestre de 2021, os espectáculos previstos no Auditorio. O goberno municipal adopta esta decisión por un dobre motivo: “a inviabilidade de ter unha audiencia mínima, e para poder aumentar a colaboración para a prevención en medidas fronte á COVID-19”.Ourense atópase desde esta semana en nivel máximo de restricións, segundo decretou a Xunta de Galicia, de forma que cun toque de queda ás 22:00 horas e peche perimetral, a cidade non pode recibir público de concellos limítrofes, xa que asistir a espectáculos non é causa de permeabilidade xustificada.

Non haberá, xa que logo, actividades no Auditorio de xaneiro a marzo, agás os dous concertos previstos para este trimestre no ciclo Enclave de Cámara: os dos cuartetos de corda Zagreb Quartet, 04.02.2021, e Ardeo Quartet, 04.03.2021, xa contratados con anterioridade. “Se no mes de abril o panorama cambiase, poderiamos abordar o segundo trimestre con certa normalidade”, asegura o goberno municipal.

Oferta cultural

O goberno local asegura que “de todos os xeitos Ourense cidade mantén unha oferta cultural que é superior á demanda actual neste estado de alarma en Nivel Máximo. Iso é debido a que o Teatro Principal, si mantén programación activa ”. Neste senso, explican, “entendemos que o Concello de Ourense non debe ser alleo á oferta total na cidade, cando planificamos a nosa desde o municipio. Así, dada a situación actual e a pouca posibilidade de público actual debido á situación médica, a oferta desde o Teatro Principal cobre perfectamente a demanda na cidade”.

A este respecto, explican, “o que desde o Concello non imos facer é duplicar a oferta da cidade nunha época de restricións absoluta. É dicir, se xa custa encher o reducido aforo do Teatro Principal, non imos ofertar espectáculos paralelos desde o auditorio no estado de Nivel Máximo decretado pola Xunta”.

O goberno municipal sostén que “o Concello de Ourense seguirá sendo a locomotora cultural principal da cidade e provincia, cando a conxuntura o permita, como xa demostramos en Nadal, cunhas luces espectaculares, un innovador bus musical pioneiro en Galicia, e a recepción real (cabalgata estática de luxo), que nos situaron na cima das accións do Nadal municipais en toda Galicia”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.