Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense abriu o prazo para presentar traballos para os premios Risco de Creación Literaria e Poesía Cidade de Ourense, na súa edición de 2021. Até o día 4 de xuño ás 14:00 horas, as persoas interesadas poderán achegar as súas obras, a través do Rexistro Xeral do Concello, e optar aos premios, dotados nos dous casos con 6.000 euros e a publicación do traballo gañador.

O premio de poesía Cidade de Ourense chega á súa edición número 37. Poderanse presentar obras en galego ou portugués escritas por persoas que non gañasen o premio nas 5 edicións anteriores.

Deberán ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos e presentaranse baixo un lema. Autores e autoras que concorran desde Portugal poderán presentalos na Cámara Municipal de Vila Real.

Pola súa banda, á edición número 22 do Premio Risco de Creación Literaria do xénero narrativo, que convocan o Concello e a Fundación Vicente Risco, poderán presentarse novelas, conxuntos de relatos, ensaios, etc, excluíndo teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais. Poderán presentarse textos escritos en lingua galega, cunha extensión de entre 150 e 300 folios.

Os xurados dos dous certames serán nomeados pola Concellería de Cultura, e contarán coa participación da persoa gañadora do ano anterior e outra en representación da Corporación. A súa decisión será inapelable e terá lugar no mes de setembro.

DOCUMENTACIÓN

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.