Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A sala Valente acolle a mostra 'Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes', que abre ao público durante os meses de marzo e abril. Prevista para o mes de febreiro -as restricións pola Covid impediron facer coincidir a exposición coas datas de Entroido-, está formada por 110 pezas de 44 entroidos distintivos da provincia. “É a maior festa que temos en Ourense, e Ourense, cidade e provincia, é unha potencia do Entroido”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante a inauguración da mostra.

“Trátase da maior exposición que se fixo nunca sobre o Entroido en Galicia”, dixo perante integrantes da corporación municipal e outros persoeiros como Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia, e os vicepresidentes da Deputación, Rosendo Fernández e César Fernández.

Os elementos expostos, algúns con máis de medio século de historia, proceden de cesións realizadas por 39 concellos, por asociacións culturais e por particulares, e non faltarán pantallas, peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a famosa Morena de Laza. Porén, a exposición contará tamén con traxes descoñecidos para o grande público: amosaranse, por vez primeira, traxes recuperados logo de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia, en palabras de Francisco González, director da exposición.

Non faltan nesta mostra a Pita das Eiroás, a Paquita e o Nicanor de Seixalbo ou o Frei Canedo, figuras senlleiras dos entroidos da cidade. Pero tamén se poderán coñecer, grazas a o traballo de recuperación de tradicións esquecidas na cidade de Ourense, outras figuras tradicionais desta festa coma os domingos de cacharelas -o equivalente na cidade do domingo oleiro- ou as tradicionais líricas, pezas satíricas propias do Entroido ourensán semellantes ás que coñecemos doutras latitudes, coma as chirigotas gaditanas.

O horario de apertura da sala Valente (rúa do Paseo 20, planta baixa) é o seguinte: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas; os domingos de 11.00 a 14.00 horas. Os luns o espazo permanece pechado.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.