Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A compañía ourensá ilMaquinario teatro presentou esta mañá no Auditorio Municipal as tres funcións da súa obra 'Perplexo', que terán lugar este venres -para escolares ás 11:30 horas e para todos os públicos ás 20:30 horas- e sábado -ás 20:30 horas, para todos os públicos-.

Partindo dun dos últimos textos do dramaturgo alemán Marius Von Mayenbug, a compañía constrúe unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos na sociedade actual. O espectáculo, dirixido por Tito Asorey, foi galardoado con cinco premios María Casares no ano 2015: Mellor Espectáculo, Dirección, Iluminación, Vestiario e Tradución/Versión.

Malia que Perplexo á un espectáculo para público adulto, a compañía puxo a disposición dos escolares unha unidade didáctica específica sobre os temas da peza que pode ser utilizada para a realización de campañas no 2º ciclo da ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos.

Así, preténdese fomentar entre o alumnado a asistencia e o gusto polo teatro, reflexionar sobre a arbitrariedade do universo e sobre o noso papel como seres humanos en sociedade, cuestións que os asistentes á función de mañá -600 alumnos e alumnas de 4º de ESO, bacharelato e ciclos Superiores do CIFP Portovello, IES Lagoas, IES E Blanco Amor, CPR Sta Teresa de Jesús e CPR A Purísima, convocados pola Concellería de Educación- terán oportunidade de debater cos integrantes da compañía logo da representación.

Á presentación de Perplexo asistiron a concelleira de Cultura e de Educación, Belén Iglesias, e o programador do Auditorio, Manuel Freire, xunto co elenco de protagonistas da obra: Laura míguez e Fran Lareu e o propio Tito Asorey.

Sinopse

Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións, mais ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningures e a luz está cortada por falta de pago, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando esta nova parella aparece en escena a situación da un xiro, pois semella que eles son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.