Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases e convocatoria para a concesión de axudas en especie para a adquisición de libros, destinadas a nenos e nenas empadroados/as no concello de Ourense coa finalidade de potenciar os hábitos de lectura e o acceso á cultura deste sector de poboación.

As adquisicións de libros poderanse realizar dende o 23 de xuño de 2021 ate o 14 de agosto de 2021.

Os establecementos comerciais que queiran participar deberán presentar unha solicitude de participación perante o Concello de Ourense, con data límite do 15 de xuño de 2021. A solicitude pode presentarse no Rexistro Xeral ou no Rexistro da sede electrónica usando o modelo de solicitude xenérica.

Nesta solicitude deberá indicar a súa disposición para participar nesta campaña, os seus datos identificativos e un correo electrónico para as comunicacións. A solicitude de participación implica a aceptación destas bases e contar cos medios informáticos necesarios para poder executala, sendo os mínimos: un dispositivo electrónico con conexión a internet co que poder acceder ao aplicativo de xestión da campaña.

As persoas beneficiarias poderán ser as que reúnan os seguintes requisitos: ter nacido no ano 2003 en adiante; estar empadroadas no Concello de Ourense na data de publicación destas bases no BOP.

A contía desta axuda terá como límite a entrega dun libro por persoa beneficiaria, cun custo máximo de 20 euros (IVE incluído). As diferenzas que puidesen existir entre a contía máxima subvencionada e o importe do libro irán por conta da persoa beneficiaria.

As persoas beneficiarias desta axuda poderán adquirir o libro en calquera dos establecementos adheridos a esta convocatoria. 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.