Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O 28 de decembro comezaron as obras, demandadas desde hai anos, para dotar de óptima accesibilidade ao Museo Municipal de Ourense, situado no número 8 da rúa Lepanto.

Os traballos de instalación dun ascensor panorámico -que conectará os dous andares do museo e a pranta principal- teñen un prazo de execución de 6 meses.

O orzamento de execución é de 57.942,04 euros, incluíndo nel o custe da dirección e coordinación das obras. Trátase dunha obra moi importante para paliar a carencia en materia de accesibilidade que tiña este recinto expositivo municipal. De feito, a pranta principal sí que estaba adaptada con rampas de acceso, faltando precisamente un acceso axeitado aos dous andares superiores do edificio. Coa instalación do ascensor, quedará subsanada esta eiva.

“Con esta obra damos resposta e solución a unha demanda moi necesaria que nos transmitía a sociedade ourensá desde hai anos coa accesibilidade nun dos espazos expositivos e culturais máis singulares da nosa cidade. Seguimos traballando e dando pasos para convertir a Ourense nunha cidade accesible, cómoda e sen barreiras”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

Durante os seis meses que duren os traballos, o Museo Municipal permanecerá pechado ao público. Neste período tamén se aproveitará para acometer melloras na instalación eléctrica do inmoble e pequenos arranxos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.