Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou durante a visita que realizou ás obras da pista anexa do pavillón dos Remedios, que estarán finalizadas o vindeiro 10 de febreiro. As obras, que cualificou como unha “grande demanda de moitos colectivos e usuarios das instalacións”, dotaron a pista dun novo chan de pavimento elastiflex, que pode absorber até o 68% dos impactos que se producen ao pisalo.

Actualmente, as obras só están pendentes de que se pinten as paredes da pista anexa, e actuaron sobre un total de 1.500 metros cadrados de superficie. Ademais, a pista conta cunha bancada totalmente automatizada que acollerá ata un máximo de 240 persoas. O investimento realizado é de 230.000 euros, achegados nunha porcentaxe do 90% pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A obra complétase coa instalación dun sistema de calefacción a través de aerotermos conectados á rede de calefacción que permiten quecer o aire, facendo máis confortable a estancia na instalación; a limpeza da cuberta e de corredores de acceso; e a instalación dun novo sistema de luminarias LED que melloran a intensidade luminosa nun 60% (pasa de 7.000 lúmenes por bombilla a 21.000 lúmenes por luminaria), reducen o consumo enerxético nun 55%, e teñen unha vida útil 5 veces maior ás que existían.

Características técnicas

O pavimento deportivo óptimo debe combinar a propiedade de devolver a enerxía na súa fase de impulso do deportista -noutras palabras, actuar como resorte- coa de disipar o impacto na fase de caída -ser amortiguadora-. A consecuencia directa é a diminución no risco de lesións traumáticas e de stress dos deportistas pola interacción co pavimento. Esta calidade non é só importante para deportistas de alto rendemento, senón tamén para os usuarios fisicamente máis febles, caso dos maiores e dos deportistas en idade de crecemento, colectivos ambos usuarios das instalacións da pista anexa.

O novo pavimento estará igualmente illado da humidade cunha lámina impermeabilizante e a súa uniformidade está garantida, polo que os usuarios non notarán diferencias en función do lugar da pista no que se atopen

Este aspecto garante a súa rendibilidade económica senón tamén unha rendibilidade social, polo alto nivel de prevención de lesións derivadas dun mal pavimento. Do mesmo xeito, abre o abano para a práctica de deportes diversos para todas as idades e grupos sociais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.