Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A piscina Rosario Dueñas acolle os días 4 e 5 de febreriro o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo. Polo de agora hai 236 deportistas inscritos, pero a inscrición para o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo permanece aberta. En total, son 11 clubs de toda Galicia os que competirán na piscina Rosario Dueñas da cidade nun evento que foi presentado no salón de plenos do Concello de Ourense e para o que hai opcións de éxito entre a delegación ourensá, especialmente nas figuras de Ezequiel Quiroga e entre os deportistas da categoría 'máster'.

“Xa son tres veces consecutivas as que Ourense acolle esta competición dada a calidade da nosa instalación e a súa adecuación para este deporte, a Federación confía en Ourense para a organización deste evento, que congrega en cada edición a máis de 600 persoas que disfrutan, como público, desta disciplina deportiva”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Participantes

Así, os clubs participantes serán os de Pontevedra, Sanxenxo, A Estrada, Vilagarcía, Umia (Caldas de Reis), Arteixo, Laracha, Cerceda, Sada, Carballo e Salvamento Ourense Salvour como equipo anfitrión e coorganizador coa Federación Galega.

Era precisamente José Manuel Paredes, presidente do Club Salvour, quen explicaba que “non se trata exactamente dunha actividade de rescate, aínda que bebe dela, senón dunha actividade deportiva”. A estrada ás instalacións será aberta e de balde, e as diferentes competicións (xuvenil, junior, absoluto e máster) comezarán ás 10:00 e 16:30 horas, o sábado 4, e ás 10:00 horas o domingo 5.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.